CRTVG

Buscar

A China anuncia represalias contra os EUA por revogar o status especial de Hong Kong

Publicado o 01/07/2020 08:45

A China anunciou que tomará represalias contra os Estados Unidos despois de que Washington revogase o status especial que concede a Hong Kong pola ratificación da lei de seguridade chinesa.
O secretario de Estado, Mike Pompeo, dixo que o seu país deixará de exportar equipamento militar á excolonia.
A lei ratificada polo lexislativo chinés inclúe duras penas de prisión para actos de secesión, subversión e confabulación con forzas estranxeiras que Pequín considera que estarían detrás das protestas prodemocráticas de Hong Kong.

Noticias web

01/07/2020