CRTVG

Buscar

A CEOE cre que os presupostos son "pouco realistas"

Publicado o 28/10/2020 21:50

A Confederación Española de Organizacións Empresariais, a CEOE, cre que os presupostos presentados son "pouco realistas" porque, segundo a patronal, a economía non vai medrar o 9 por cento que calcula o Goberno. Antonio Garamendi critica ademais a suba de impostos que recollen os orzamentos.

"Nós pensamos que os presupostos son pouco realistas. Dígoo con toda claridade. Pensamos que a economía non vai medrar un 9% e pensamos que o déficit non vai ser un 7%, posiblemente sexa maior. Non é momento de subir impostos porque incluso en países como Francia ou Reino Unidos os gobernos o que están é baixando os impostos", di Antonio Garamendi, presidente da CEOE.

Noticias web

28/10/2020