CRTVG

Buscar

A Casa dos Peixes volve abrir ao público no Día Mundial dos Océanos

Publicado o 08/06/2020 14:49

Os primeiros privilexiados que se achegaron esta mañá a saudar a Gastón, o tiburón touro que preside a sala Nautilus, foron Vera, Matilde e seu pai, David.

O Aquarium Finisterrae elaborou un protocolo con normas de seguridade e hixiene que vai desde o límite de visitantes á reserva de entrada por Internet ou o uso obrigatorio de máscaras.

Nestas 3 primeiras xornadas terán prioridade os que dispoñan de entrada anual, menores de 4 anos, persoas con discapacidade, persoal docente, alumnos da Universidade da Coruña e os membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Será tamén un ensaio para comprobar os protocolos.
E outra boa nova: a partir do xoves, a entrada será máis barata, custará só 4 euros.

Noticias web

08/06/2020