CRTVG

Buscar

A Casa das Camelias de Boiro acolle 700 especies distintas

Publicado o 05/02/2020 14:44

Cómpre desbotar que as camelias son flores só de inverno. A Casa das Camelias, de Boiro, entre o arrecendo e o colorido deste mesma mañá, é dos mellores sitios para desfacerse de prexuízos. 12.000 metros cadrados dedicados ás plantas ornamentais onde antes había millo e patacas. Tras morrerlle o pai no 95, Ana foi ocupando o terreo da casa familiar con 900 especies distintas dos cinco continentes, cunha raíña suprema, a camelia.

"Agora mesmo debo de estar nas preto de 700 camelias diferentes, pero se contamos por unidade, paso das mil". "Aquí hai 12 mil metros cadrados dedicados a todo tipo de plantas, ando preto das 900 plantas diferentes de todos os continentes".

"Eu penso que menos de Groenlancia, de todos, porque teño bansias, eritrinas, heléboros, ata dalias de 4 metros de alto".

Entre tanta profusión, sería difícil elixir unha, pero ela teno moi claro.

Entre amigos viaxeiros, as súas propias viaxes e as compras por Internet, Ana vai xuntando a súa colección sen axuda económica ningunha. Hai anos que a xente visita o seu xardín, pero non foi ata o ano pasado que se decidiu a cobrar entrada. Ofrece dúas horas de paseo con explicacións por 5 euros, cartos que dedica ao mantemento do terreo.

O xardín tamén agocha un labirinto de camelias, plantas acuáticas, peixes, tartarugas e o canto de moitas aves seducidas polo verdor. Un paraíso propio que Ana agarda que poida perdurar.

Noticias web

05/02/2020