CRTVG

Buscar

A campaña de Nadal da DXT preséntase en Ourense simulando un accidente con falecidos

Publicado o 19/12/2019 15:17

Mañá ás tres da tarde comeza a operación especial de Nadal da Dirección Xeral de Tráfico. Intensificarán a vixilancia e os controis ata Reis, 18 días en que se prevén en España preto de 20 millóns de desprazamentos.

David Llorente, xefe provincial de Tráfico en Ourense: "Estes días son delicados, hai que mandar unha mensaxe de prudencia e, sobre todo nestes traxectos curtos e coñecidos, que non nos relaxemos no cumprimento de ningunha norma, porque é aí onde ocorren os sinistro máis graves e con falecidos ou feridos".

É nas ceas de empresa, en Noiteboa e en fin de ano cando aumenta o risco. Insisten, ao volante alcol e drogas, cero.

A campaña de Nadal presentouse hoxe en Ourense simulando un accidente con falecidos. As boas condutas viarias, segundo a DXT, conseguiron reducir no 2019, con respecto ao ano anterior, os falecidos nas estradas, en Galicia 14 menos.

Noticias web

19/12/2019