CRTVG

Buscar

A campaña da gripe rexistra un incremento notable das vacinacións

Publicado o 27/10/2020 13:39

A campaña da gripe rexistra este ano un aumento de vacinacións moi por riba do previsto. O obxectivo era lograr unha maior cobertura ca outros anos para evitar que coincidan a gripe e o coronavirus, que presentan síntomas moi semellantes.

A campaña da gripe que para a poboación xeral comezou o pasado día 13, rexistra este ano unhas taxas de vacinación superiores a outros anos.

Recomendación especial en tempos de pandemia a todos aqueles que presenten outras patoloxías.

Chamamento tamén para que ante o aumento notable das vacinacións, estas se fagan de xeito progresivo.

A campaña deste ano remata o próximo 31 de decembro.

Noticias web

27/10/2020