CRTVG

Buscar

O Parlamento británico di non ás eleccións anticipadas que reclamaba Johnson

Publicado o 04/09/2019 22:43

Os partidos da oposición bloquearon hoxe na Cámara dos Comúns a convocatoria dunhas eleccións anticipadas, como pedía o primeiro ministro británico, Boris Johnson, polo menos ata que a lei contra un 'brexit' sen acordo complete todos os trámites parlamentarios, previsiblemente nos próximos días.

Johnson requiría o apoio de dous terzos da cámara para sacar adiante a súa proposta de ir ás urnas o 15 de outubro, pero só obtivo 298 votos dos 434 necesarios.