CRTVG

Buscar

Johnson deixa en pausa a tramitación do 'brexit' tras rexeitar o Parlamento o procedemento de urxencia

Publicado o 22/10/2019 21:08
Johnson deixa en pausa a tramitación do 'brexit' tras rexeitar o Parlamento o procedemento de urxencia

En só uns minutos, Boris Johson viu como se desbarataba a súa estratexia para o 'brexit'. Aconteceu en dúas votacións consecutivas no Parlamento británico. Na primeira, os deputados apoiaron por primeira vez o acordo pactado entre o primeiro ministro e as autoridades comunitarias. Porén, na seguinte rexeitaron o trámite de urxencia necesario para facer efectiva a saída da Unión Europea o 31 de outubro. Tras a derrota, Boris Johson ordenou a paralización de todo o trámite parlamentario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019