CRTVG

Buscar

A caída da demanda obriga a pechar ou reducir persoal nas gasolineiras

Publicado o 21/04/2020 21:33

Os pozos de petróleo nos Estados Unidos seguen bombeando a pesar de que o país está paralizado polo coronavirus. O oferta de cru é tal que xa teñen dificultades para almacenalo.

"Estamos vendo situacións absolutamente surrealistas de vendedores de petróleo que incluso estaban dispostos a pagar a calquera que acudira a almacenar este petróleo", di o analista internacional Roberto Mansilla.

Os vendedores chegaron a pagar 37 dólares por barril para que llelos quitasen de diante. Pero estas oscilacións tardarán en notarse en Europa, onde o prezo do petróleo non caeu tanto, ademais dos impostos que pagamos no combustible.

Si se comparte a caída na demanda. As vendas nas gasolineiras de Galicia caeron ata un 90 por cento, e isto ten consecuencias.

"Reduciron moito o persoal porque obviamente non hai a mesma demanda. Está bastante baleiro comparado con antes", explica unha empregada de gasolineira.

Segundo a Federación Galega de Estacións de Servizo, seis gasolineiras tiveron que pechar na comunidade dende que se decretou a alarma.

Noticias web

21/04/2020