CRTVG

Buscar

A lea marca a pauta no primeiro debate presidencial nos EUA

Publicado o 30/09/2020 21:03

O caos marcou a pauta dun debate que puxo a proba a temperanza do moderador, o veterano Chris Wallace. Trump e Biden cruzaron descualificativos de todo tipo. O presidente díxolle ao demócrata que non vía nada intelixente nel e chegou a lembrar a adicción á cocaína do seu fillo. Pero Joe Biden non quedou atrás. Chamoulle ao líder republicano mentireiro, cachorro de Putin e pallaso.

Así, tras o debate, analistas e cidadáns de a pé coincidían nas análises: para el, foi unha lea; para ela, portáronse coma nenos. As sondaxes revelan que o impacto do debate nos electores foi moi escaso, boa nova para o demócrata.

"É unha vitoria para Biden, e a razón é sinxela: leva de 7 a 10 puntos de vantaxe nas sondaxes e o tempo estáse esgotando".

Quedan outros 2 cara a cara e 34 días para os comicios.

Noticias web

30/09/2020