CRTVG

Buscar

Unha unidade da Brilat desprégase polas rúas de Vigo

Publicado o 16/03/2020 23:00

Primeira acción nas rúas galegas das forzas armadas, dentro da súa despregadura por mor da crise sanitaria do coronavirus. Unha sección da sétima brigada Galicia, uns trinta efectivos en oito vehículos, presentouse en puntos sensibles de Vigo, varias prazas e infraestruturas como o porto e o aeroporto. "A nosa misión consite en labores de recoñecemento", di o tenente Jorge Ramos.

Está previsto que este martes os militares da UME se despreguen nas cidades da Coruña e Pontevedra. A súa misión principal será a vixilancia de infraestruturas críticas, como as estacións de tren e de autobuses. O luns xa eran máis de mil os efectivos da unidade militar de emerxencias despregados en España, e xa tiveron presenza en 14 cidades.

 

 

 

Noticias web

16/03/2020