CRTVG

Buscar

A Brilat desinfecta a residencia de Barreiro, en Vigo

Publicado o 27/03/2020 15:21

Efectivos da Brilat despregábanse esta mañá na residencia DomusVi, de Barreiro, para levar a cabo a desinfección do centro. É un dos focos onde hai máis contaxios neste intre en Galicia. Os últimos datos falan de 34 usuarios contaxados, un falecido e 6 traballadores afectados. En toda a comunidade, a cifra elévase a 134 entre maiores e empregados das distintas residencias.

Outro dos focos importantes é Celanova. Alí deron positivo 22 novos residentes que van ser trasladados á residencia integrada de Baños de Molgas, onde xa están outros 11 maiores trasladados o pasado martes.

A Xunta dispón de dúas residencias integradas para concentrar aqueles maiores que deron positivo, unha en Baños de Molgas e outra en Santiago.

Noticias web

27/03/2020