CRTVG

Buscar

A BRIF de Laza traballa na limpeza da neve e o xeo que deixou "Filomena" en Madrid

Publicado o 16/01/2021 20:55

Para limpar de neve e xeo Madrid toda axuda é pouca. Entre as cinco Brigadas de Reforzo de Incendios Forestais mobilizadas polo Goberno está a de Laza. Estas son imaxes gravadas por eles con picos e pas afánanse en devolverlles a operatividade aos colexios.

Así nolo contaba Daniel Fernández Fidalgo, bombeiro forestal da BRIF de Laza:
"Concretamente chegamos onte desde Galicia. A misión que nos foi encomendada foi principalmente a limpeza de centros educativos na Comunidade de Madrid, limpar os accesos aos centros e ás zonas comúns como os patios de xogo dos pequechos".

Aínda teñen polo menos un par de días de traballo por diante para deixar beirarrúas, accesos, patios, saídas de emerxencia, todo a punto para que os cativos volvan de xeito seguro ás clases.
Daniel Fernández Fidalgo, bombeiro forestal da BRIF de Laza: "Estamos esparexendo sal e retirando neve, ancheando as beirarrúas e botando sal tamén nelas para que non haxa risco de caídas".

Traballan duro, os madrileños agradécenlles o esforzo e iso, aseguran, sempre fai máis levadía a tarefa.
Daniel Fernández Fidalgo, bombeiro forestal da BRIF de Laza:
"Se non hai novidade volveremos para a casa o martes. Darlle as grazas á xente que a pé de rúa nos está animando e nada, con calma e sorte!"

Noticias web

16/01/2021