CRTVG

Buscar

O litoral galego foi o máis afectado polo paso da borrasca Fabien

Publicado o 21/12/2019 21:28

• Ondas de dez metros en Cabo Vilán e centos de incidencias

Foi unha tarde sen tregua para os servizos de emerxencias. O vento golpeou cunha intensidade inusual, máis nas zonas costeiras. Na Coruña rexistráronse refachos próximos aos cento vinte quilómetros por hora. Voaron cubertas, caeron árbores, desprendéronse uralitas... A borrasca Fabián xa deixou máis de duascentas incidencias por toda a provincia.

Quizais saír non era a mellor opción para esta tarde. Todos os parques da cidade están pechados. A policía local cortou o tráfico nas inmediacións da estación do tren ata que retiraron unha lona que ameazaba con caer do andamio dun edificio. Ameazante tamén a imaxe do mar, con ventos moi fortes e ondas de máis de nove metros. Toda a frota está amarrada

A situación no mar apenas mellorará mañá. En terra seguirá o vento, pero irá perdendo forza. Para o domingo agárdanse refachos de oitenta quilómetros por hora.

Noticias web

21/12/2019