CRTVG

Buscar

A bombona sobe este martes máis dun cinco por cento

Publicado o 20/01/2020 14:59

Nova suba no prezo da bombona de gas butano. A partir de mañana custará 13,37 euros, case un cinco por cento máis do que se paga hoxe.

É o segundo ascenso consecutivo. Un incremento de 63 céntimos no prezo da bombona de doce quilos e medio, a máis habitual nos fogares españois.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica xustifica a suba polo encarecemento da materia prima e dos transportes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020