CRTVG

Buscar

A baixada do polbo non se deixa sentir no prezo das racións

Publicado o 04/03/2020 14:42

Nas polbeiras do mercado de gando santiagués de Amio, o polbo está saíndo constantemente desde as 6 da mañá para os famentos tratantes que chegan ao pouco de que os polbeiros coloquen as mesas. Despois de 50 anos mercando polbo e servíndoo por feiras e festas, Juan e Carmen lembran cando ía moi barato.

Galicia pesca só a quinta parte do polbo que consumimos. O resto vén de Marrocos e Mauritania. Para os mariñeiros o prezo volve a onde tiña que estar, malia ser unha campaña bastante escasa por culpa de tanta borrasca.

Pero os incondicionais non lle miran o prezo e piden unha ración sen preguntar. Hai quen nunca pasou sen polbo por moi caro que fora.

Juan apunta que a baixada é relativa xa que cómpre mirar outras subas.

En Amio cobra 9 euros por ración, un prezo razoable polo produto máis emblemático da gastronomía galega que agardemos que ca baixada vaia volvendo tamén ás nosas cestas da compra.
 

Noticias web

04/03/2020