CRTVG

Buscar

A avogada da familia de Marta del Castillo di que o asasino confeso busca beneficios penais

Publicado o 04/04/2019 17:09

Miguel Carcaño, o asasino confeso de Marta del Castillo, debe aboar 140.000 euros a cada un dos pais da moza asasinada e outros 30.000 a cada unha das súas irmás. E quere pagar a indemnización de 20 en 20 euros.  A avogada da familia di que Carcaño o único que persegue son beneficios penais xa que condenáronno a 21 anos e tres meses de prisión. 

Inmaculada Torres, avogada da familia de Marta del Castillo: "Esta é unha cantidade ridícula e únicamente simbólica para xustificar unha petición de un benificio penitenciario, posiblemente queira un permiso, pero insistimos é o que vimos decindo dende sempre, que nos imos opoñer a calquera beneficio penitenciario ata o momento en que teñamos o principal que é a devolución de Marta".

Noticias web

04/04/2019