A autovía A-55 non consegue librarse dos accidentes e lidera a clasificación española
A autovía A-55, ao seu paso por Mos, continúa a ser unha das máis perigosas do estado. Esta autoestrada é a que acumula maior número de accidentes en España. Así o recolle un informe de Automobilistas Europeos Asociados, que analiza o período entre 2012 e 2016.
A imaxe de accidentes é frecuente. Unha saída de vía que pode causar retencións e choques por alcance. En concreto é no quilómetro doce, unha zona de curvas que leva máis dunha década sinalada como punto negro nas estatísticas da Dirección Xeral de Tráfico. Unha condición que non conseguiron eliminar nin a redución nos límites de velocidade nin a instalación de radares. Entre 2012 e 2016 producironse 123 accidentes e 205 vítimas, na súa maioría feridos leves.
Nin a instalación de radares nin a limitación de velocidade a 60 quilómetros por hora en varios tramos conseguiron sacar esta autovía da lista de puntos negros da Dirección Xeral de Tráfico, onde se mantén dende hai máis dunha década.