CRTVG

Buscar

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a concurso a reforma do Faro Silleiro

Publicado o 29/04/2019 16:51

Construído en 1924, o Faro Silleiro marca o comezo das Rías Baixas e é parada obrigada do Camiño Portugués pola costa. A súa condición dun dos primeiros radiofaros que permitiron establecer a posición exacta dos barcos converteuno en lugar estratéxico na Segunda Guerra Mundial, testemuña disto son os restos de dependencias militares que o acompañan.

Agora, a Autoridade Portuaria de Vigo busca unha empresa que se encargue de rehabilitalo mediante unha concesión.

Coidan con rematar as obras a finais deste ano.

Noticias web

29/04/2019