CRTVG

Buscar

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal pide cambios nas desgravacións dos plans de pensións

Publicado o 21/07/2020 14:47

A desgravacións fiscais son principal incentivo á hora de contratar un plan de pensións privado. Neste intre pódese reducir ata 8.000 euros ao ano na delcaración da renda. A cambio eses aforros só se poden recuperar cando se chegue á idade de xubilación ou en determinadas circunstancias.

O informe elaborado pola Autoridade  Independete de Responsabilidade Fiscal, AIReF, considera que non beneficia ese aforro a longo prazo e que si prexudica as arcas públicas cun custo anual para o Estado de máis de 1.600 millóns de euros.

Dende o sector financiero opóñense a esta proposta de eliminación das desgravacións dos plans de pensións individuais e subliñan que o noso país xa está entre os que menos incentiva fiscalmente o aforro a través destes plans.

Noticias web

21/07/2020