CRTVG

Buscar

A autopsia preliminar revela que Julen faleceu por unha fractura cranioencefálica

Publicado o 05/03/2019 20:50

Julen, o neno de dous anos rescatado sen vida nun pozo de Málaga, estaba debaixo dun tapón de 33 quilos de terra. O corpo, segundo a análise provisional da autopsia, presentaba unha fractura cranioencefálica e outras feridas post mortem, pero non restos de sangue. Estes datos poderían desmentir a tese que defende o avogado do dono da parcela. 

Julen estaba enterrado baixo unha capa de terra de 33 quilos. Segundo os datos preliminares da autopsia que figuran no sumario do caso, o neno presentaba unha fractura cranioencefálica. Un informe encargado pola defensa do dono da parcela defendía que esa fractura foi provocada por unha picaraña dos equipos de rescate, pero fontes xudiciais desmenten ese dato porque de ser así habería restos de sangue que, segundo os primeiros datos, non existen.

Amais, o corpo presenta feridas post-mortem. O pequeno de dous anos tamén restos de terra no estómago e no esófago. No procedemento aberto no Xulgado de Instrución número 9 de Málaga está investigado o dono da parcela por homicidio imprudente.

En contra do afirmado por el, os pais do pequeno desmentiron que os avisaran de que había pozos no terreo, como declarou o investigado. A falta do informe definitivo da autopsia, Julen morreu o mesmo día que caeu no pozo e antes de que empezaran os labores de rescate, o que desmontaría a tese que defende o dono do terreo investigado.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019