CRTVG

Buscar

A autopsia aclarará as causas da morte dun home no interior do seu coche en Verín

Publicado o 18/05/2020 14:18

No Hospital de Verín estanlle realizando a autopsia a un home de 50 anos que apareceu morto no interior do seu vehículo.

Tiña a furgoneta estacionada nun aparcadoiro próximo a un supermercado, polo que foron os veciños os que alertaron da súa presenza. Cando chegaron os servizos de emerxencias, o home xa falecera. Tiña numerosos antecedentes penais relacionados co consumo de estupefacientes. Barállase a posibilidade de que a morte se puidese deber a unha sobredose, pero será a autopsia a que finalmente determine as causas exactas.

Noticias web

18/05/2020