CRTVG

Buscar

A aula hospitalaria do CHUS adapta os seus protocolos

Publicado o 09/08/2020 15:29

As aulas hospitalarias realizan un traballo fundamental de asistencia educativa para que os nenos ingresados con algunha enfermidade poidan seguir estudando e tamén participando en actividades lúdicas que os axuden a desconectar e a divertirse. Coa pandemia o xeito de traballar nesas aulas tivo que cambiar e adaptarse para seguir co seu labor pedagóxico dun xeito seguro. As aulas hospitalarias, coma ésta do Clínico de Santiago, ofrecen un servizo de asistencia educativa, e tamén lúdica, a aqueles menores que teñen que permanecer temporadas prolongadas no hospital.

Pero coma noutros moitos ámbitos, estes espazos tiveron que reinventarse da noite á mañá. O coronavirus viu trastocar o seu labor e o que pretenden fomentar: valores como compartir, socializar, intercambiar materiais... xa non o poden facer... Agora realizan tarefas de maneira individual ou utilizan as clases virtuais e as redes sociais.

Os profesionais das aulas hospitalarias destacan que os máis pequenos nos momentos difíciles ensínannos a adoptar unha actitude exemplar, tamén á hora de utilizar sempre máscaras.
Os profesionais destas aulas e dos servizos de pediatría traballan tamén pola humanización dos seus espazos.

Contan ademais coa colaboración de artistas, de entidades, de institucións que lles axudan a crear actividades lúdicas procurándolles aos cativos un entretemento pedagóxico.
 

Noticias web

09/08/2020