CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional denégalle a Sito Miñanco a liberdade provisional pola pandemia

Publicado o 04/04/2020 13:00
A Audiencia Nacional denégalle  a Sito Miñanco a liberdade provisional pola pandemia

A xuíza da Audiencia Nacional, María Tardón, denegoulle a liberdade provisional ao narcotraficante galego Xosé Ramón Prado Bugallo, alcumado "Sito Miñanco", por considerar que prevalece o risco de fuga malia o estado de alarma pola pandemia do coronavirus. Prado Bugallo, en prisión preventiva desde febreiro de 2018, pediu a súa excarceración porque alega que está en grupo de risco e que no cárcere non lle poden garantir a súa integridade física nin o dereito á vida se contrae a enfermidade.

Coa decisión da maxistrada, que rexeita a posta en liberdade, Sito Miñanco súmase á lista doutros presos coñecidos como o comisario Vilarrejo, o ex-tesoureiro do PP, Luis Bárcenas ou o ex-conselleiro madrileño López Vello a quen tamén se lles denegou a liberdade provisonal.