CRTVG

Buscar

A arte urbana volve a Ferrol coas Fe-Meninas

Publicado o 30/08/2019 20:59

Desde hoxe o barrio de Canido, en Ferrol, volve converterse en referente único da arte urbana. Volven un ano máis as Meninas de Canido.

Artista e veciña de Canido, Bárbara pinta a fachada do seu edificio a petición da veciñanza. Faino con referencias femininas que impregnan esta edición. A muller como bandeira dunhas Meninas que este ano son máis Fe-Meninas.

Fachadas empregadas coma lenzos da arte reivindicativa dos artistas urbanos. Ata 30 procedentes de toda España se achegarán a Ferrol estes días. Algúns como o madrileño Sfhir repiten ano tras ano. O evento move centos de persoas das expresións artísticas máis variadas.

A gastronomía e as actividades para os nenos completan a oferta das Meninas ata o domingo.
 

Noticias web

30/08/2019