CRTVG

Buscar

A Armada examinará o artefacto atopado na praia de Badalona

Publicado o 30/08/2019 20:50

Un home que facía mergullo coa súa filla atopou nunha praia de Badalona, a 15 metros da costa e a dous metros de profundidade, un obxecto moi similar ao que apareceu o domingo nunha praia de Barcelona. Deu a alarma. A Garda Civil acordoou a zona e prohibiu o baño mentres os mergulladores examinaban o artefacto. Nas próximas horas, a Armada determinará que é exactamente , e o procedemento a seguir. Din que semella un proxectil e que o risco de explosión é nulo. Ainda así, por precaución e sentido común, a Garda Urbana de Badalona mantén vixiada e acordooada a praia mentres o artefacto permaneza na auga.

 

 

Noticias web

30/08/2019