CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Vigo non dá reducido os contaxios e rexistra 282 casos máis

Publicado o 19/11/2020 15:28

Dos contaxios novos rexistrados en Galicia, a maioría corresponden á área de Vigo, que non dá contido a evolución do coronavirus. 

Concretamente, Vigo ten 282 casos novos. E, para que se fagan unha idea, no resto de Galicia houbo en total 385 positivos novos. Así que, a área de Vigo, malia ter moitas restricións, de momento non reduce os casos.

O número de novos contaxios é máis do dobre que o da área da Coruña, que é a seguinnte máis castigada.

Esta marca de infectados por covid−19 coincide co feito de que na xornada de onte se fixeron o dobre de probas PCR.

A área sanitaria de Vigo conta con 2.422 enfermos activos. Noventa e oito están hospitalizados e 22 deles atópanse na unidade de coidados intensivos.  

Noticias web

19/11/2020