CRTVG

Buscar

A morte de tres pacientes eleva a 754 a cifra de falecidos en Galicia con covid-19

Publicado o 03/10/2020 21:24

• Aumentan os casos nos colexios pero hai menos aulas pechadas

• Vixentes as novas restricións en Ourense, Ortigueira e Cambados

Falecen tres persoas que foran diagnosticadas con covid-19. Trátase dun home de 93 anos que  estaba ingresado no HULA, outro home de 89 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense e un terceiro varón, de 87, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Santiago. Os tres tiñan patoloxías previas. 

Con estes finados, son xa 754 os mortos con este coronavirus en Galicia desde que se iniciou a pandemia.

Os últimos datos oficiais facilitados polo Sergas establecen o número de casos activos en Galicia en 4.092 pacientes, unha cifra que segue descendendo pouco a pouco en toda a comunidade, pero que sobe en Ourense. Esta área sanitaria ten 891 casos e supera xa os infectados na área da Coruña, que son 848.

Nas últimas horas apareceron 216 novos positivos, e o número de probas PCR realizadas é de 499.201.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 3.863 persoas maneñen a corentena nos seus domicilios. Polo de agora hai un total de 19.714 persoas curadas.

Os casos vinculados con centros residencias son 437, dos que 307 son usuarios e 130 profesionais. En canto aos casos vinculados con escolas infantís e centros educativos, o número de positivos en Galicia é de 375, con 28 aulas pechadas.