CRTVG

Buscar

A área que rexistrou un maior incremento na última semana foi a de Vigo

Publicado o 25/10/2020 15:38

Son 121 os casos confirmados por PCR nas últimas horas, o número máis alto de contaxios de todas as áreas sanitarias galegas. Así as cousas, na de Vigo ascenden a 1.186 os pacientes con infección activa. A presión hospitalaria foi aumentando e, a día de hoxe, hai 52 hospitalizados, sete en coidados intensivos.

A cidade de Vigo entraba esta fin de semana no nivel vermello, pero tamén están nese nivel de máximo risco outros concellos da contorna: O Porriño, Tui, Redondela, Tui, Salvaterra de Miño e Cangas.

Noticias web

25/10/2020