CRTVG

Buscar

A área de Vigo, con sete municipios en nivel 3 de alerta, rexistra o seu pico máximo de positivos

Publicado o 26/10/2020 16:31

Outra das áreas que preocupa é a de Vigo, que rexistra o seu pico máximo de positivos dende o inicio da pandemia, ao que hai que sumar sete municipios en aviso vermello.

A área sanitaria amenceu con 101 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas.

Datos que a sitúan nos 1.243 casos activos. Unha cifra das máis altas dende o inicio da pandemia. O pico rexistrouse o 28 de abril con 1.211 casos.

Máis casos porque tamén se triplicou o número de PCR nas últimas semanas. A chegada do frío non axuda, e iso tamén o están a notar os hostaleiros.

A de Vigo é unha área que non deixa de crecer nos últimos días e que mantén sete municipios en nivel tres de alerta: Cangas, Salvaterra de Miño, Tui, O Porriño, Soutomaior, Redondela e Vigo. Este último, cun importante crecemento de positivos nos últimos días.

Dos 1.243 casos, 57 permanecen hospitalizados e sete en coidados intensivos.

Noticias web

26/10/2020