CRTVG

Buscar

A alcaldesa de Vic: "Hai que poñer fin ao costume de falar castelén con calquera persoa que polo seu aspecto físico non pareza catalá"

Publicado o 12/02/2020 20:48

Tamén houbo polémica no Parlamento catalán por unha intervención da alcaldesa de Vic. PSC, PP e Ciudadanos acusaron a Anna Erra de racista e supremacista por falar de "cidadáns autóctonos" e dicir que hai xente que non parece catalá polo seu aspecto físico. A deputada pediu desculpas e di que a malinterpretaron. Esta foi a súa intervención, moi controvertida. 

Anna Erra. Deputada de Jxcat: "Temos que concienciar os cataláns autóctonos que hai xente de fóra que quere aprender catalán. E poñer fin ao costume, en determinadas zonas do país, de falar sempre en castelán con calquera persoa que polo seu aspecto físico ou polo seu nome non pareza catalá".

Noticias web

12/02/2020