CRTVG

Buscar

Alerta amarela por neve en varios puntos do norte peninsular

Publicado o 17/11/2019 14:15

Vai frío practicamente en toda España. A AEMET mantén en aviso amarelo por nevadas algunhas zonas de montaña de Asturias, Castela e León, A Rioxa e a provincia de Lleida.

Estas imaxes son de Vegacervera, en León, que tivo que suspender unha feira gastronómica prevista esta fin de semana, porque a neve tirou a carpa onde a ían montar.

Ademais unha vintena de estradas, a maioría portos de montaña do terzo norte, permanecen pechados. Noutros hai que usar cadeas e teñen prohibida a circulación de vehículos pesados.
O xeo tamén condiciona o tráfico. Vemos un accidente en Aragón: un coche da Garda Civil que envorcou.

No lado positivo, algunhas estacións de esquí, como esta de Formigal, no Pireneo oscense, xa arrancaron a temporada.

Aínda que a estación está pechada, tamén atopamos xente gozando da neve en Pajares.

A AEMET aínda terá mañá algúns puntos do norte da península con aviso amarelo por neve pero prevé retiralos o martes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019