CRTVG

Buscar

A actriz Benedicta Sánchez recibe unha homenaxe da Deputación de Lugo

Publicado o 04/02/2020 20:50

A intérprete lucense Benedicta Sánchez, gañadora do Goya á mellor actriz revelación polo seu papel no filme O que arde, recibiu unha homenaxe por parte da Deputación de Lugo.

No acto, que contou cunha nutrida asistencia de público, o organismo provincial agradeceulle á artista, de 84 anos, a forza con que representou as mulleres do rural. Pola súa parte, Benedicta Sánchez confesou estar impresionada polo recoñecemento social ao seu traballo. Á homenaxe á actriz, natural do concello lugués do Corgo, tamén asistiu o coprotagonista da película de Óliver Laxe, o fonsagradino Amador Arias.

Benedicta Sánchez tamén acaba de ser designada comendadora da Feira do Cocido de Lalín.

Noticias web

04/02/2020