CRTVG

Buscar

A activista Greta Thunberg revoluciona a COP25

Publicado o 06/12/2019 20:04

Se xuntamos o interese que xera a activista ambiental sueca Greta Thunberg, co efecto sorpresa, a ecuación está clara. Máxima expectación, ou case revolución. Iso é o que aconteceu en IFEMA na quinta xornada do Cumio do Clima de Madrid, porque non se esperaba ata a vindeira semana. Nunha rolda de prensa na Casa Encendida a mensaxe foi contundente.

Greta Thunberg, activista ambiental : 'Estamos creando opinion, é un gran paso en la dirección correcta. Pero dende logo non é suficiente. Francamente, as emisións de CO2 van en aumento e no 2019 subirán un 6 por cento'.

Acompañada doutros mozos españois e internacionais, todos comparten o mesmo discurso. Medidas e actuacións urxentes.

'O problema é que levamos un ano de manifestacións e só se declarou a emerxencia climática. Temos que deixar a crise climática en papel mollado e hai que tomar medidas directas e claras xa", sinalou unha das activistas españolas pertencentes ao colectivo Fridays For Future.

Aglomeracións constantes de xente e de xornalistas a cada paso que daba Greta. O seu camiño desde a Casa Encendida ata o punto de arranque da Marcha polo Clima semellaba máis unha carreira de obstáculos, como esos que segundo di, se colocan ante a crise climática.

Noticias web

06/12/2019