CRTVG

Buscar

A actividade non cesa no agro, pero realízase con protección

Publicado o 17/03/2020 21:00

Nestes tempos de parada, confinamento e teletraballo, chegar á Limia semella por un momento case unha volta á normalidade. Os agricultores teñen permitido o traballo, e niso andan afanados estes días.

Na empresa de Amador os pedidos de pataca por Internet multiplicáronse por tres dende o pasado xoves, a maioría dende Madrid ou Barcelona. Preto de alí atopamos a Camilo, prepara as terras para o cereal de primavera, e ocúpase do seu almacén de pataca. O campo, di, non sabe de esperas.

Non deixan, iso si, de estar atentos ás novidades de cada día, dependen das subministracións para que as colleitas vaian adiante.

E malia que aquí todo semella algo distinto, o certo é que, feitos os labores, todos collen o camiño para a casa.

Noticias web

17/03/2020