CRTVG

Buscar

A actividade no porto de Ferrol redúcese coa parálise da central das Pontes

Publicado o 17/10/2019 15:31

A parálise da térmica das Pontes lastra a actividade do porto de Ferrol. Leva desde xullo sen recibir carbón. A Autoridade Portuaria calcula que se reducirán á metade os tráficos respecto ao ano pasado. Demandan unha solución tanto para Endesa como para Alcoa, que tamén recibe a materia prima a través dos seus peiraos.

José Vilariño, presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol: "Polo porto de Ferrol e por Ferrol o desexable é que se repense o proceso de descarbonización e de cambio enerxético, a parada de Endesa e, por suposto, a situación das electrointensivas, porque Alcoa deixou de fabricar aluminio primario".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019