CRTVG

Buscar

A actividade industrial descendeu en xullo un 10,6% de media en España, mentres que en Galicia caeu un 2%

Publicado o 22/09/2020 15:03

A cifra de negocios da industria baixou en xullo en Galicia un dous por cento con respecto ao ano pasado. É a que menos baixa de todas a comunidades autónomas. A media española retrocedeu o 10 por cento.

Con todo, a actividade industrial medrou un seis por cento con respecto ao mes anterior, xa que xullo foi o primeiro mes completo sen medidas de restrición á mobilidade. O mellor comportamento rexistrouse na confección de pezas de vestir e na fabricación de bebidas, e os maiores retrocesos déronse no turismo. O sector servizos medrou un oito por cento en xullo, pero a cifra é un 13 por cento inferior ao ano pasado.

Noticias web

22/09/2020