CRTVG

Buscar

A ACT admite a Ares como socio para a temporada 2020

Publicado o 26/01/2020 09:59
A ACT admite a Ares como socio para a temporada 2020

Na asemblea celebrada este sábado, a Asociación de Clubes de Traiñeiras aceptou ao CR Ares e a Zarautz como novos socios para a temporada 2020. Había algunha dúbida no caso do cadro galego polo caso do positivo por furosemida dun dos seus remeiros pero a día de hoxe e como asegurou o presidente da ACT Borja Rodrigo "non hai ningunha infracción en firme nin sanción por parte da Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte". 

O caso segue o seu curso coas alegacións presentadas polo remeiro do cadro aresán. O regulamento da ACT fala de posibles sancións para o deportista ou para a entidade como perda de puntos, multa económica ou incluso a perda de condición de socio. Porén mentres non haxa unha resolución en firme non se adoptará ningunha medida.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2020