CRTVG

Buscar

A ACB, suspendida ata o 24 de abril

Publicado o 17/03/2020 11:21

• A decisión tomouse por unanimidade nunha asemblea extraordinaria

A Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) acordou a suspensión temporal da Liga Endesa ata o 24 de abril por causa do coronavirus.

Nunha asemblea extraordinaria, os 18 clubs da ACB acordaron "de xeito unánime" a paralización temporal da máxima categoría do baloncesto español ata o próximo 24 de abril con motivo "da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e que ten detido todo pais e toda actividade profesional non esencial".

 

 

 

Noticias web

17/03/2020