CRTVG

Buscar

Son xa 2345 os mortos en China polo coronavirus de Wuhan

Publicado o 22/02/2020 02:47

     China eleva a 2.345 o número de mortos e a máis de 76 mil os infectados polo virus de Wuhan. Os datos foron actualizados pola Comisión Nacional de Saúde do país asiático.
 No seu informe diario, a comisión indicou que xa se realizou seguimento médico a máis de 600 mil persoas. Delas 113 mil seguen en observación.  
   A meirande parte dos novos casos confirmados rexistráronse na provincia de Hubei, o foco do andazo. Sobre todo na capital do territorio, Wuhan, de 11 millóns de habitantes. Na provincia preto de 50 millóns de persoas están en cuarentena dende hai un mes.
    Os casos confirmados en Hong Kong son 104, con dous falecidos. En Taiwán hai 26 afectados e un morto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2020