CRTVG

Buscar

85 contaxiados no brote da Mariña

Publicado o 04/07/2020 21:05

Na comarca da Mariña hai 26 positivos máis ca onte e así xa fan un total de 85 casos. De todos os xeitos, menos catro que están hospitalizados, o resto teñen síntomas leves ou permanecen asintomáticos e xa están gardando a debida corentena.

Sobre a orixe do brote, a Consellería de Sanidade asegura que está nos bares da zona portuaria. O caso da Mariña fai que a de Lugo sexa a única área sanitaria onde estean a medrar o número de casos porque no resto, afortunadamente, están descendo os contaxios.

 

 

Noticias web

04/07/2020