CRTVG

Buscar

75 enclaves galegos están na Rede Natura que garante a supervivencia da natureza

Publicado o 21/05/2020 22:07

Europa celebra hoxe o Día da Rede Natura 2000, a maior rede coordinada que existe no mundo de espazos naturais protexidos, creado para conservar ou restaurar a fauna e a flora das distintas rexións. En total conta con máis de 27.000 zonas protexidas en todo o continente. 

En Galicia temos 16 Zonas de Espacial Protección para as Aves e 59 Zonas Especiais de Conservación, que ocupan un 12% da superficie da comunidade. Na Rede Natura están incluídos espazos litorais, por exemplo en Carnota e o Monte Pindo, Estaca de Bares ou a Costa da Vela, e tamén de montaña, como na Ribeira Sacra, nas serras dos Ancares e do Courel, ou Pena Trevinca.

En todos eles atopamos moi bos exemplos da biodiversidade e da riqueza do paisaxe de Galicia. Neste día Europeo da rede Natura, os expertos inciden na súa importancia para garantir un futuro sostible e seguro. De feito é a principal ferramenta coa que conta a Unión Europea para garantir a supervivencia das especies e dos hábitats.

Noticias web

21/05/2020