CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Carnota, que queimou unhas 70 hectáreas, e o da Mezquita, que calcinou 240

Publicado o 06/09/2020 20:44
Estabilizado o incendio de Carnota, que queimou unhas 70 hectáreas, e o da Mezquita, que calcinou 240

A primeira hora da tarde, os equipos de extinción conseguiron estabilizar o incendio rexistrado en Carnota, na parroquia do Pindo, que queimou 70 hectáreas. Doce brigadas, catro avións e outros tantos helicópteros traballaron desde as sete da mañá para apagar o lume. O vento, moi forte, complicou a tarefa.

Tamén segue activo pero estabilizado o incendio que afecta ao concello ourensán da Mezquita. Aquí, a superficie calcinada é de 240 hectáreas.

 

Noticias web

06/09/2020