CRTVG

Buscar

500 denuncias por ruído nunha semana en Vigo

Publicado o 19/07/2020 16:18

O Casco Vello vigués é zona protexida desde 2009 pero estas imaxes foron gravadas por un veciño na madrugada desta fin de semana.

A veciñanza está sorprendida de que nin o contexto da alerta sanitaria teña eliminado xa as aglomeracións nocturnas e, de paso, o ruido.

Estes veciños aseguran que van fartos de denunciar no concello esta situación. Segundo a Policía Local, na última semana recibiron unhas 500 chamadas de queixas por ruído na rúa e tamén en domicilios particulares que motivaron numerosas intervencións dos axentes.

Noticias web

19/07/2020