CRTVG

Buscar

Cinco falecidos e 288 casos activos nas residencias de Galicia

Publicado o 19/10/2020 20:36
Cinco falecidos e 288 casos activos nas residencias de Galicia

O número de casos activos nas residencias de Galicia é de 288. Nas últimas horas faleceron cinco usuarios destes centros. Dos cinco falecidos, tres eran da residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar, na provincia de Ourense. Esta é a residencia con máis casos activos de Galicia, 158.

Nas últimas horas 69 usuarios positivos por covid-19 recibiron a alta. Desas 69 altas, 66 foron na residencia de Outeiro de Rei, que durante mes e medio foi a residencia con máis casos de Galicia. Agora ten 13 casos activos.



 

Noticias web

19/10/2020