CRTVG

Buscar

Desprazan pacientes do hospital de Piñor ante posibles ingresos por COVID-19

Publicado o 02/04/2020 23:56

No hospital de Piñor hai hoxe menos tránsito do habitual. Corenta e seis dos seus pacientes da Unidade de Psiquiatría foron trasladados hoxe a unha nova localización moi preto de alí, a Casa de Exercicios do Seminario, cedida polo Bispado de Ourense.

"Dentro da situación de pandemia en que estamos, o plan de continxencia do CHUO avaliou como posibilidade en caso de ser necesario que se puideran ocupar a primeira planta de Piñor e a segunda".

Aquí traballan dende hai dúas semanas na previsión de que as súas instalacións teñan que ser ocupadas nos próximos días por enfermos de COVID-19. Por iso 46 pacientes de psiquiatría foron trasladados e durmirán xa na nova localización; outros 16 que precisan coidados máis específicos permanecerán no hospital de Piñor. 

 "Son personas autónomas, estables psicopatoloxicamente, que se poden trasladar porque aquí tamén fan unha vida residencial, entran, saen, son autónomos, levan a súa roupa e participan nunha morea de actividades. Pero esoutras persoas non podíamos facer ese traslado garantindo os coidados que eles precisan. Eles non quedan desatendidos de ningunha maneira, pero si que desdobramos o equipo para garantir os coidados nos dous lados".

No traslado van tamén os cans terapéuticos, que acompañan os pacientes de Piñor dende hai anos.

 

Noticias web

02/04/2020