CRTVG

Buscar

A Baña e Negreira restrinxen as actividades para controlar os gromos

Publicado o 28/08/2020 14:39

12 positivos no gromo de Negreira
Actividades deportivas e culturais, suspendidas, e parques e instalacións municipais pechadas. Son as medidas postas en marcha en Negreira tras detectarse un gromo de coronavirus que suma 12 contaxios, entre eles 3 menores. No concello contan que non vai quedar aí.

11 positivos no concello da Baña 
Tamén se suspenderon a maioría das actividades no concello da Baña. Hai 11 casos confirmados. Parte dos afectados están confinados en San Mamede do Monte. Un segundo grupo familiar depositivos permanece illado na parroquia da Riba. A orixe, celebracións familiares con motivo das festas patronais.

450 casos activos na área sanitaria de Santiago

O gromo vinculado a unha conserveira da Pobra suma 16 positivos entre traballadores e os seus contactos. E o que se orixinou en Melide elevase a 77, ainda que só 44 son veciños dese concello. Mantense estable cunha trintena de casos o foco detectado hai unha semana en Santa Comba. A área sanitaria de Santiago acadou este venres os 450 casos activos.

Noticias web

28/08/2020