CRTVG

Buscar

España supera os 4.000 falecidos, pero o número de mortes cae por primeira vez na última semana

Publicado o 26/03/2020 12:37

• 655 mortos por COVID-24 nas últimas 24 horas. O número de falecidos baixa por primeira vez na última semana.

• 8.578 positivos máis ca onte

• 7.015 contaxiados xa foron dados de alta

Os contaxios e mortes medran, pero Sanidade di que o fan de xeito máis lento. 

España segue sendo o segundo país con máis mortes por coronavirus, só por detrás de Italia. Pero por primeira vez no que vai de semana, cae o incremento no número de falecidos. Son 80 menos ca onte. Tamén se ralentiza o de contaxiados. E sobe a cifra dos que conseguiron a alta médica, máis de 7.000. 

Fernando Simón confirma a advertencia dos laboratorios de microbioloxía: as primieras probas rápidas que chegaron a España da China non serven. 

España segue pendente da chegada de cinco millóns destas probas rápidas e estase traballando con distintas empresas para que se poidan fabricar aquí. Destaca que servirán para coñecer mesmo quen pasou a enfermidade sen sabelo, sen ter síntomas. O que, adianta, incrementará de xeito importante a cifra de contaxiados.

Últimos datos oficiais en España

En España hai 56.188 persoas infectados por coronavirus, segundo os datos confirmados polo Goberno central. Nas últimas 24 horas confirmáronse 8.578 novos positivos. Hospitalizadas están 31.912 persoas. Recuperados, 7.015 doentes, e xa faleceron 4.089 persoas contaxiadas de COVID-19, 665 nas últimas 24 horas.

Por comunidades autónómas, na Cominidade de Madrid é onde hai un maior número de infectados, en total 17.166; séguena Cataluña, con 11.592, e Castela e León, con 3.488 casos.

Murcia é a comunidade con menos casos, canda as cidades autónomas de Melilla, que só ten 39 casos, e Ceuta, con 10 contaxios.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí