CRTVG

Buscar

33 membros do Fuenlabrada reciben a alta e 8 abandonan A Coruña, 13 permanecen confinados

Publicado o 31/07/2020 15:58

Esta mañá, despois de 12 días confinados, os xogadores do Fuenlabrada deixaron o Hotel Finisterre. 33 integrantes do Fuenlabrada marcharon en tres autocares diferentes e sen facer declaracións.

Aínda quedan 13 xogadores confinados e, sobre todo, queda o desenlace do caso. A resolución do comité de Competición podería chegar nas próximas horas. O xuíz instrutor solicita que lle dean por perdido ao Fuenlabrada, o encontro de Riazor.

O Deportivo - Fuenlabrada da polémica está cada vez máis lonxe de se poder disputar. E non só por motivos médicos.

O informe que dirixiu o xuíz instrutor ao Comité de Competición é contundente. Solicita cautelarmente que se lle dea por perdido o partido ao equipo madrileño por 3-0, o que permitiría que o Elxe ocupase praza na promoción de ascenso. 

O motivo en que se apoia o instrutor son as que denomina "graves e flagrantes irregularidades" cometidas polo club madrileño no desprazamento á Coruña. Afirma no seu escrito que coa súa viaxe, o Fuenlabrada atentou contra a integridade e a igualdade da competición e a boa orde deportiva e puxo en risco a distintos actores ao agochar a gravidade da situación. 

Co seu informe, o instrutor abre a porta a unha dura sanción ao club madrileño, que mesmo podería conlevar o seu descenso á Segunda División B.

Noticias web

31/07/2020