CRTVG

Buscar

300 persoas protestan en Barcelona tras a operación policial contra Tsunami Democràtic

Publicado o 28/10/2020 22:02

Preto de 300 persoas protestaron esta tarde en Barcelona tras a operación policial contra a organización independentista Tsunam iDemocràtic. Baixo o lema "Basta de represión", reclamaron a liberdade dos 21 detidos.

A operación da Garda Civil investiga o suposto desvío de fondos para custear os gastos en Bélxica do expresidente Carles Puigdemont. Entre os detidos hai un exconselleiro de Esquerra Republicana, un exalto cargo de Convergencia e varios empresarios.

Noticias web

28/10/2020